FluffyChat Official Website | FAQ

Preguntas máis frecuentes

Podes editar ou traducir esta sección en Weblate.

# Que é FluffyChat?

FluffyChat é unha aplicación semellante a Telegram ou WhatsApp, con interface amigable, gratuíta, sen publicidade e de código aberto para o protocolo Matrix.
Con FluffyChat podes parolar coas amizades de xeito privado, crear grupos de conversa, enviar mensaxes de voz, compartir fotos e vídeos, e tamén enviar a localización.
O mellor de todo:
FluffyChat é compatible con outras aplicacións mensaxeiras de Matrix!

# Para quen é FluffyChat?

FluffyChat é para calquera persoa que busque unha alternativa áxil, amigable e segura aos servizos centralizados de apps como WhatsApp, Telegram ou WeChat.

# Quen creou FluffyChat?

A comunidade desenvolve FluffyChat, e foi iniciada por Christian (Krille) Kußowski. Emporiso somos moitas as persoas que colaboramos, tanto ao código como nas traducións. Podes atoparnos aquí.

# Como se financia FluffyChat?

FluffyChat é un proxecto sen ánimo de lucro xestionado por persoas voluntarias e só financiada con doazóns.

# FluffyChat é compatible co meu dispositivo?

Si! Podes usar FluffyChat en teléfonos móbiles, tabletas e incluso na versión web para PC. Está dispoñible para Android (Play Store e F-Droid), iOS (App Store), como páxina web e como aplicación de escritorio en Linux (Flathub, Snap Store). Incluso funciona en móbiles Linux usando a versión Arm64 de Flatpak/Snap. Podes compilala ti para MacOS e Windows se queres, pero aínda non se proporciona unha versión.

# Como creo unha conta en FluffyChat?

A primeira vez que inicias a app váiseche pedir crear unha nova conta en Matrix. Elixe o servidor (ex. matrix.org), escribe o identificador que desexas e un contrasinal forte. Optativamente podes engadir un enderezo de correo electrónico (útil para recuperar o contrasinal, pero non obrigatorio).

# Que é un ID Matrix?

O teu ID Matrix é o teu identificador único na rede, por exemplo @nome:matrix.org. Contén o teu identificador e o servidor no que se creou a conta.

# Como inicio sesión en FluffyChat?

Se xa tes unha conta Matrix, simplemente escribe o teu ID Matrix (ex. @nome:matrix.org) e contrasinal. Podes iniciar sesión en calquera servidor Matrix porque é unha rede descentralizada.

# Preciso un enderezo de correo electrónico para usar FluffyChat?

Non, non se require un enderezo de correo. Porén, recoméndase engadir un se queres poder restablecer o contrasinal ou verificar a túa conta.

# Esquecín o contrasinal. E agora?

Se engadiches un enderezo de correo cando creaches a conta podes restablecer o contrasinal desde a páxina web do servidor (ex., https://matrix.org). Se non engadiches un correo electrónico non hai xeito de restablecer o contrasinal. Neste caso, terás que crear unha nova conta.

# Cambiei de dispositivo e agora todas as miñas mensaxes aparecen cifradas. Como o soluciono?

Para ler no novo dispositivo as mensaxes cifradas tes que restablecer a copia de apoio creada anteriormente. Escribe a clave da copia ou contrasinal ao configurar FluffyChat no novo dispositivo. Só entón se poderán descifrar as mensaxes. Se non creaches unha copia de apoio ou perdeches a clave entón non se poderán restablecer as mensaxes.

# Como creo unha clave para a copia en FluffyChat?

Abre FluffyChat e vai a Copia de apoio nos axustes. Alí podes configurar una copia de apoio cifrada das conversas. Pediráseche gardar a clave de recuperación. Importante: toma nota desta clave e gárdaa nun lugar seguro. Sen ela non poderás restablecer as túas mensaxes cifradas nun novo dispositivo.

# Atopei un fallo. Que fago?

Podes informar directamente en Github de calquera incidencia. Tamén podes acudir ao grupo público da mensaxería (#fluffy-space:matrix.org) onde podes preguntar ou comentar a túa experiencia.

# Como teño Notificacións Push sen os Google Services?

As notificacións Push son xeniais para que non perdas ningunha mensaxe importante en FluffyChat. Para as persoas que non usan os Google Services (ex. Móbiles Huawei, tabletas Amazon Fire ou ROMs persoais), a configuración das notificacións é algo diferente.

FluffyChat intenta configurar automáticamente as notificacións push cada vez que inicias a app. Emporiso, se non tes os Google Services no teu dispositivo poderías recibir unha mensaxe de erro. Neste caso, é necesario usar unha aplicación UnifiedPush como Ntfy, UP-FCM Distributor (Google) ou Conversations.

Índice

Using Ntfy

Neste artigos ímosche mostrar como configurar as notificacións no teu dispositivo Android usando a app ntfy.

🏪 Paso 1: Instalar e configurar ntfy

  1. Se xa instalaches FluffyChat pero non recibes as notificacións Push, fecha a app totalmente (desprazándoa na vista xeral de apps) e abre a PlayStore (ou F-Droid) no teu dispositivo Android.

  2. Busca a app ntfy e instálaa.

  3. Após instalar ntfy, abre a app polo menos unha vez.

  4. Agora, volve abrir FluffyChat.

🔋 Paso 2: Desactiva a optimización da batería para ntfy

Para comprobar que FluffyChat pode enviar de xeito fiable as notificacións, é recomendable desactivar a optimización da batería para a app ntfy.

  1. Vai aos [axustes de Android] no teu dispositivo.

  2. Busca "Aplicacións" ou "Apps" e selecciona "ntfy" da lista das apps instaladas.

  3. Toca en "Batería" e selecciona "Optimización da Batería."

  4. Na lista de aplicacións excluídas da optimización da batería, comproba que "ntfy" está seleccionada.

✅ Paso 3: Comprobar as notificacións Push en FluffyChat

  1. Abre FluffyChat e vai aos [Axustes].

  2. Vai a "Notificacións" no menú.

  3. Nos axustes das notificacións verás unha lista de "Pushers." O "Pusher" para "ntfy" debería estar ao final da lista.

🥳 Paso 4: Recibir Notificacións Push

Para ver que todo funciona correctamente pídelle a unha amizade que che envíe unha mensaxe en FluffyChat e comproba que recibes a notificación push.

Usando Conversations

Se usas Jabber/XMPP ademais de Matrix e tes unha conta usando Conversations, podes seguir estes pasos para que FluffyChat obteña as notificacións grazas a Conversations:

  1. Abre Conversations.
  2. Toca nos tres puntos arriba á dereita.
  3. Vai a Axustes e desprázate ata Distribuidor UnifiedPush.
  4. Toca en Conta XMPP account e selecciona a conta a través da cal querés recibir as notificacións.
  5. Abre FluffyChat. Se non che ofrece recibir as notificacións usando Conversations, comproba os axustes das notificacións (mira o paso 3 arriba para Ntfy).

Seguindo estes pasos deberías ter notificacións tipo Push en FluffyChat sen usar os Google Services. Se tes interese en aloxar o teu propio servizo de notificacións Push, mira en unifiedpush.org.

# Como podo ampliar estas PMF?

En Weblate podes editar todas as entradas das PMF e traducilas ao teu idioma. Para editar o código de orixe da pregunta frecuente, tes que editar a versión en inglés. Desde a administración podes engadir novas preguntas indo a Inglés e pulsando en Engadir nova tradución. Alí tes que definir a clave para a entrada da PMF.

A clave sempre comeza con faq_questions. ou faq_answers., e despois consiste nas preguntas escritas en minúscula. Por exemplo, a clave desta pregunta é faq_answer.how_can_i_extend_this_faq.

Ten en conta que debes proporcionar unha pregunta e unha resposta, polo que debes definir dúas novas traducións.

Se non estás na administración podes editar este ficheiro json en GitHub.

# Como usar a cifraxe de extremo a extremo?

FluffyChat é compatible coa cifraxe de extremo a extremo. Podes activala en cada conversa. Unha vez activada non se pode desactivar, por razóns de seguridade. Podes activar a cifraxe en salas públicas, aínda que isto non ten moito sentido cando calquera pode unirse e saír de salas públicas. Unha vez activada a cifraxe o servidor non poderá ler o contido das mensaxes. Cifraranse todas as mensaxes de texto e ficheiros.

Para evitar ataques por-persoa-interposta deberías mirar a lista de dispositivos. Podes mirar isto nos axustes de cifraxe da sala. Se ves un dispositivo sospeitoso que ti ou a persoa correspondente non coñecedes, entón podes bloquealo arrastrándoo cara a esquerda.

A cor do indicador mostra o estado da seguridade. Laranxa significa que o dispositivo non está verificado. Gris que está bloqueado e non recibirá as chaves de cifraxe. Isto significa que nese dispositivo non poderás ler as mensaxes. Verde significa que o dispositivo está verificado.

Para verificar o dispositivo doutras persoas inicia o procedemento nunha conversa directa. Tes que premer no botón "Iniciar verificación" nos axustes da conversa directa. Pon atención de que estás físicamente a carón da persoa da que queres verificar o dispositivo, ou ben usando outra canle segura. Cando comecedes o procedemento de verificación veredes nos dous dispositivos un conxunto de emojis. Comparádeos e premede en "Concordan". Agardade un intre e as dúas partes veredes que o indicador se pon en cor verde.

# Como facer unha bifurcación de FluffyChat?

Táboa dos Contidos

1. Licenza

FluffyChat publícase baixo a AGPL. Le a licenza (https://github.com/krille-chan/fluffychat/blob/main/LICENSE) e fai que a túa bifurcación sexa de código aberto e se publique coa mesma licenza, e tamén que cumpre todos os requerimentos. Pode que desexes consultar un avogade antes de publicar a túa bifurcación.

2. Desactivar cifraxe de extremo-a-extremo!

Debido aos regulamentos de exportación de EEUU non podes publicar a aplicación nunha tenda ou en calquera lugar nun servidor de EEUU se ante non quitar todo o relacionado coa cifraxe ou se segues os regulamentos.

Tes máis información en: https://www.bis.doc.gov/index.php/policy-guidance/encryption

Se precisas a nosa axuda para usar a cifraxe E2E na túa bifurcación podes ler máis sobre o tema na "Axuda oficial".

3. Mantente ao día!

FluffyChat ten elementos de seguridade. Se atopamos un fallo de seguridade intentamos arranxalo o antes posible e publicar unha nova versión. Pero isto significa que a túa bifurcación está desactualizada e en risco. Non podes estar 24/7 atendendo aos cambios así que tes que decidir como protexes ás túas usuarias cun dos seguintes métodos:

  1. Que a túa bifurcación sexa o máis pequena que poidas e activa o espellado do repositorio. Configura un CI que publique novas versións automáticamente se FluffyChat publica a solución a unha incidencia.
  2. Non durmas e contrata un gran equipo onde polo menos unha persoa sempre está esperta (trad.: ironía)
  3. Contacta con famedly.com e contrata os seus servizos.

4. Axuda oficial

FluffyChat é libre! (como falar, non como a cervexa gratis) Contacta coa miña empresa famedly.com para consultar os seus servizos e obter axuda oficial, ten en conta que costa tempo e esforzo manter FluffyChat ou Famedly Matrix SDK. Así, non podemos axudar gratis, polo que igual che costa sobre $1 ao mes por usuaria da túa bifurcación.

# Como atopo a outras persoas?

Hai varios xeitos de atopar outras persoas usuarias en FluffyChat.

  1. Buscar polo seu nome público: podes escribir o nome público dunha persoa no campo de busca. Isto só vai funcionar se:
    • Ti xa compartiches unha conversa coa persoa,
    • Esa persoa está nunha sala pública á que está conectada o teu servidor,
    • Ou o teu servidor permite buscar outras usuarias.
  2. Escribindo o ID Matrix directamente: se sabes o seu ID Matrix (ex., @krille:janian.de), podes escribilo directamente para buscar. Funciona de xeito parecido ao correo electrónico: @identificador:nomedoservidor.
  3. Escanear código QR: podes escanear o código QR da outra persoa ou mostrar o teu para que o escaneen.
  4. Compartir ligazón de convite: calquera pode crear e compartir unha ligazón a unha sala de conversa ou sala. Ao premer na ligazón entrarás nela directamente.